Convocada mediante a Resolución AC-07/2020, do 15 de xullo de 2020 (DOG nº 147, do 23 de xullo), a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Pneumoloxía, polo sistema de avaliación colexiada, esta xerencia de área sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuidas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Pneumoloxía, realizada mediante a Resolución AC-07/2020, do 15 de xullo de 2020 (DOG nº 147, do 23 de xullo).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.
Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ferrol, 30 de decembro de 2020
Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
ANEXO
Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Pneumoloxía.
Nome e apelidos: Carmen María Diego Roza.
DNI: ***0641**.