Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48177

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 8 de xuño para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a de unidade (Control de Infección, Medicina Preventiva e Esterilización).

Convocada mediante a Resolución CM-03/2020, do 8 de xuño (DOG nº 117, do 16 de xuño), a provisión dun posto de supervisor/a de unidade de Control de Infección, Medicina Preventiva e Esterilización, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia da Área Sanitaria, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 24, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade de Control de Infección, Medicina Preventiva e Esterilización, realizada mediante a Resolución CM-03/2020, do 8 de xuño (DOG nº 117, do 16 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 24 de novembro de 2020

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: supervisor/a de unidade-Control de Infección, Medicina Preventiva e Esterilización.

Nome e apelidos: M. Carmen Aramburu García.

DNI: ***0395**.