Do seu compromiso co Sistema Público de Saúde de Galicia esperamos de vostede a súa ...
Cooperación co Sistema Público de Saúde de Galicia
- Cumprindo coas prescricións xerais de natureza sanitaria comúns a toda a poboación, así como as específicas determinadas polos servizos sanitarios.
- Cooperando coas autoridades sanitarias na protección da saúde e na prevención das enfermidades.
- Cumprindo as normas e os procedementos de uso e acceso aos dereitos que se lle outorguen a través desta lei.
Bo uso dos recursos
- Usando axeitadamente os recursos, os servizos e as prestacións ofrecidas polo sistema sanitario
- Comunicando ao sistema sanitario, coa maior brevidade posible, a non utilización por calquera causa dun servizo programado previamente.
Normas e respecto ao persoal
- Mantendo o debido respecto ao persoal que presta os seus servizos no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia.
- Coidando as instalacións e colabore no mantemento da habitabilidade das institucións sanitarias.
- Mantendo a debida observancia das normas establecidas en cada centro.
Durante o proceso asistencial
- Asinando os documentos de alta voluntaria cando non desexe a continuidade do tratamento que se lle dispensa. Non obstante, o feito de non aceptala, non determinará a alta inmediata cando existan outros tratamentos alternativos, de cura ou paliativos, e o paciente desexe recibilos. Neste último caso, tal situación deberá quedar debidamente documentada despois da información correspondente.