h1

As Aulas de Simulación de Ferrol contan cun convenio de colaboración coa Escola de Enfermaría de Ferrol para que poidan utilizar a simulación clínica na súa formación, e, tamén, coa Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela.
 
Traballamos conxuntamente con outros hospitais e centros de referencia en Simulación clínica a nivel nacional, sendo membros da Xunta Directiva e de grupos específicos de traballo, cirúrxico e Multidisciplinar da SESSEP (Sociedade Española de Simulación Clínica e Seguridade do Paciente) para seguir mellorando tanto no noso centro como a nivel nacional.
 
Temos ademais un convenio coa empresa Reganosa que facilita a nosa formación no ámbito da seguridade e a dos traballadores da devandita empresa.
 
Se queredes colaborar con nós, podedes contactarnos nos seguintes correos electrónicos: