h1

Historia das aulas de simulacion.png
 
O proxecto “Aula de simulación” no CHUF nace no 2011 e a súa finalidade era, mediante a reciclaxe e o aproveitamento de material xa existente no hospital, crear un entorno e un programa de cursos axeitado para mellorar a curva de aprendizaxe dos residentes tanto de especialidades médicas como cirúrxicas, así como mellorar as habilidades do persoal sanitario da nosa área e adestralo en situacións pouco habituais que deben manexar (paradas cardiorrespiratorias, arritmias periparadas, etc).
 
Este novo proxecto xorde pola iniciativa do Servizo de Cirurxía Xeral que, tras coñecer as instalacións de un dos centros de referencia a nivel nacional nesta disciplina, o Hospital Virtual de Valdecilla, percátase de que parte desta experiencia podería ser reproducible no centro hopistalario ferrolá contando coa infraestrutura necesaria.
 
A partir de aquí xurde a necesidade e conveniencia de implicar neste proxecto ós demais servizos do hospital tanto médicos como cirúrxicos. A colaboración por parte doutros servizos e unidades foi e sigue sendo total.
 
A evolución do devandito proxecto levounos á realización dun esforzo económico por parte da dirección do centro para a compra de novo material, así como para a reforma das zonas nas que se atopan as aulas.
 
A nosa idea é seguir dando formación utilizando a simulación como ferramenta docente, abertos sempre a tódolos que queiran colaborar con nós.