h1

Cada un dos Servizos dos centros hospitalarios da Área Sanitaria de Ferrol ten os seus criterios de atención ao paciente que os fan máis operativos.


Na maior parte dos casos, deberá agardar na sala á chamada para ser atendido, posto que xa conta coa cita previa; noutros casos, deberá notifica-la súa chegada para axiliza-la lista de persoas citadas para ese día.


En calqueira caso, lea atentamente os carteis dos que dispoñen os servizos, ou ben consulte nos mostradores o proceder máis correcto.


Cando acabe a súa consulta, se ten que volver a revisión, diríxase de novo ao punto de cita indicado co documento que lle entregou a persoa que o atendeu.


Procuraremos que a espera sexa o máis breve posible.


Permaneza na sala, deixe libres os corredores, e comprenda que, en ocasións, poden xurdir imprevistos que atrasen a súa cita.