h1

Cando se decida a súa alta entregaráselle un informe detallado.

En caso de que sexa necesaria unha revisión posterior á alta, no informe constará esta indicación e a data, hora e lugar da cita. Antes da súa marcha, faránselle as receitas dos medicamentos necesarios para comeza-lo seu tratamento domiciliario.

Para a súa tranquilidade, nos primeiros días tra-la súa alta, recibirá a chamada do persoal de enfermaría do seu Centro de Saúde, interesándose polo seu estado.

Se desexa abandona-lo Hospital en contra do criterio do seu médico, haberá de asina-lo correspondente documento de Alta Voluntaria.

A Área Sanitaria de Ferrol conta cun protocolo de actuación para o caso de abandono dos centros sanitarios.