h1

Durante a súa estadía:
  • Estará baixo o coidado do persoal do centro hospitalario
  • Recibirá información, no lugar e horario establecidos no andar que lle corresponda, sobre a evolución clínica do seu proceso 
  • Recibirá os coidados necesarios para a súa recuperación
  • Facilitaráselle a roupa de cama e lencería (pixama ou camisón)
  • Empregue o timbre colocado na cabeceira da cama se precisa atención 
  • A limpeza do cuarto realízase a primeira hora da mañá, existindo un servizo de garda as 24 horas
  • A dieta sempre será a indicada nas ordes de tratamento, e en relación co seu estado de saúde
  • Non debe tomar alimentos que estean fóra desta dieta
  • Poderá elixi-lo menú da comida e da cea (só se a dieta é normal)
  • As alerxias alimentarias deberán ser comunicadas no momento do ingreso. Se ten algunha dúbida sobre o contido en alérxenos dos alimentos servidos, pode solicitar que lle poñan en contacto coa Unidade de Dietética.
  • Para maior hixiene e calidade, a comida facilítase en bandexas individuais deseñadas para mante-lo calor
O horario é aproximadamente:
  • Almorzo: 08:45-9:00
  • Comida: 13:00
  • Merenda: 16:30-17:00
  • Cea: 20:00

  • Se desexa utiliza-lo televisor, poderá adquirir unha tarxeta nos dispensadores que atopará no andar baixo
  • Dende o cuarto, é posible realizar chamadas de teléfono mediante a tarxeta que pode adquirir no andar baixo
  • O horario de visitas é de 13:00 a 19:00 como norma xeral
  • As visitas estarán controladas mediante tarxeta de pase, que deberán mostrar no Control de Acceso do centro.
  • Non está permitido o acceso de menores aos andares de hospitalización

LEMBRE

Os centros hospitalarios, e todo o seu recinto, son espazos libres de tabaco. 

Fale en voz baixa en todo o recinto hospitalario, coa fin de lograr un ambiente agradable para os enfermos.

Axuste o volume dos aparatos de radio e TV para facilita-lo adecuado descanso dos pacientes
Manteña ordenado e despexado o cuarto.

Colabore co persoal sanitario mantendo libres as zonas de paso.

Ao saír da súa habitación, é conveniente que se protexa coa bata, evitando pasear en roupa de cama.

O centro non se pode responsabilizar do deterioro ou perda dos seus obxectos persoais, polo que é conveniente que os entregue aos seus familiares.