h1

HOSPITALIZACIÓN. INGRESO:
O ingreso programado farase a través do Servizo de Admisión. Neste momento, deberá identificarse e presentar a seguinte documentación:
  • Tarxeta Sanitaria
  • NIF
Ao chegar á unidade de hospitalización será recibido polo persoal de enfermaría, quen lle proporcionará os pases de visita e indicaranlle a súa habitación.

Para a súa seguridade colocaráselle unha pulseira identificativa.
Se desexa que non se coñeza que está ingresado debe advertilo no momento do ingreso.

Obxectos persoais

É conveniente que traia a súa bolsa de aseo, ademais doutros obxectos persoais que necesite, tales como: bata, zapatillas, lentes de contacto, audífonos, próteses dentais, etc. Recomendámoslle que non traia obxectos de valor para evitar posibles perdas. 

Medicación

Se está tomando medicación na casa, é conveniente que llo comunique ao seu médico, así como se ten algún tipo de alerxia ( alimentos, látex, contrastes). Unha vez no hospital non debe tomar medicamentos sen coñecemento do persoal.