h1

DEREITOS
1. Ó respecto á súa personalidade, dignidade humana e intimidade, sen que poida ser discriminado por razóns de raza, de tipo social, de sexo, moral, económico, ideolóxico ou político.
 
2. Á información sobre os servizos sanitarios ós que pode acceder, e os requisitos necesarios para o seu uso; e a coñecer as normativas de cada centro.
 
3. A que se manteña a confidencialidade de toda a información relacionada co seu proceso e coa súa estadía en institucións sanitarias públicas e privadas que colaboren co sistema público.
 
4. A ser advertido de se os procedementos de prognóstico, diagnóstico e terapéuticos que se lle apliquen poden ser utilizados en función dun proxecto docente ou de investigación, e que en ningún caso, poderán comportar perigo adicional para a súa saúde.Con todo, será imprescindible a previa autorización e por escrito, do paciente, e a aceptación por parte do médico e da dirección do correspondente centro sanitario.
 
5. A recibir información completa e continuada en termos comprensibles por parte do médico, do seu diagnóstico, tratamento, posibles alternativas, prognóstico e avaliación.
 
6. A recibir unha asistencia integral e continuada de acordo a súa enfermidade e ás posibilidades do centro.
 
7. Á libre elección entre as opcións que lle presente o responsable médico do seu caso, sendo preciso o previo consentimento escrito do usuario para a realización de calquera intervención, excepto nos seguintes casos:
A) Cando a non intervención supoña un risco para a saúde pública.
B) Cando non estea capacitado para tomar decisións, entón o dereito corresponderalles ós seus familiares ou persoas a el achegadas.
C) Cando a urxencia non permita demoras, por poder ocasionar lesións irreversibles, ou existir perigo de falecemento.

 

8. A coñecer o nome do médico e dos responsables da súa asistencia. No caso de ausencia, outro facultativo do equipo asumirá tal responsabilidade.
 

9. A acceder a súa historia e obter os informes e resultados que se inclúen nela, e a que se lle estenda certificado do seu estado de saúde, cando a súa esixencia se estableza por unha disposición legal ou regulamentaria.

 
10. A se negar ó tratamento, excepto nos casos sinalados no apartado 7 e a optar por abandoar o centro, mesmo antes de ser dado de alta, debendo para iso solicitar a Alta Voluntaria.

 

11. A ter unha estadía no centro o máis curta posible.
 
12. A participar, a través das institucións comunitarias, nas actividades sanitarias, nos termos establecidos nesta lei, e nas disposicións que a desenvolven.
 
13. A que quede constancia por escrito de todo o seu proceso. Ó finalizar a estadía do usuario nunha institución hopitalaria, o paciente, familiar ou persoa a el achegada recibirá a súa información de alta.
 
14. A utilizar as vías de reclamación e de proposta de suxestións que estime oportunas nos prazos previstos. Nun ou noutro caso, deberá recibir resposta por escrito nos prazos que regulamentariamente se establezan.
 
15. A elixir o médico e os demais sanitarios titulados de acordo coas condicións contempladas nesta lei, nas disposicións que se dicten para o seu desenvolvemento, e nas que regule o traballo sanitario nos centros de saúde.
 
16. A obter os medicamentos e productos sanitarios que se consideren necesarios para promover, conservar ou restablecer a súa saúde, nos termos que estableza regulamentariamente a Administración do Estado.
 
17. Dereito a ter acompañamento dunha persoa que manteña vínculos familiares ou de feito, ou por unha persoa da súa confianza.
 
DEBERES
1. Colaborar, tanto vostede como os seus familiares, no cumprimento do regulamento dos centros.
 
2. Tratar con respecto á persoa que atende ós pacientes.
 
3. Cumprir as prescripcións xerais de natureza sanitaria, comúns a toda a poboación, así como as específicas determinadas polos servizos sanitarios.
 
4. Coidar as instalacións e colaborar no mantemento da habitabilidade das institucións sanitarias.
 
5. Adoptar unha actitude persoal que contribúa a manter a limpeza, tranquilidade, e silencio no centro.
 
6. Responsabilizarse do uso axeitado das prestacións ofrecidas polo sistema sanitario, fundamentalmente no que se refire á utilización de servizos, procedementos de baixa laboral, ou incapacidade permanente e prestacións terapéuticas e sociais.
 
7. No caso de Alta Voluntaria, asinar os documentos que eximen ó centro de calquera responsabilidade.
 
8. Facilitar información veraz dos seus datos de filiación e do estado de saúde que sexan necesarios no seu proceso ou sexan solicitados por razóns de interese xeral.