Cada
un dos Servizos dos centros hospitalarios da Área
Sanitaria de Ferrol ten os seus criterios de atención ao paciente que
os fan máis operativos.
Na
maior parte dos casos, deberá agardar na sala á chamada para
ser atendido, posto que xa conta coa cita previa; noutros
casos, deberá notifica-la súa chegada para axiliza-la
lista de persoas citadas para ese día.
En
calqueira caso, lea atentamente os carteis dos que dispoñen os
servizos, ou ben consulte nos mostradores o proceder máis correcto.
Cando
acabe a súa consulta, se ten que volver a revisión, diríxase de
novo ao punto de cita indicado co documento que lle entregou
a persoa que o atendeu.
Procuraremos
que a espera sexa o máis breve posible.
Permaneza
na sala, deixe libres os corredores, e comprenda que, en
ocasións, poden xurdir imprevistos que atrasen a súa cita.