Durante a súa estadía:
- Estará baixo o coidado do persoal do centro hospitalario
- Recibirá información, no lugar e horario establecidos no andar que lle corresponda, sobre a evolución clínica do seu proceso
- Recibirá os coidados necesarios para a súa recuperación
- Facilitaráselle a roupa de cama e lencería (pixama ou camisón)
- Empregue o timbre colocado na cabeceira da cama se precisa atención
- A limpeza do cuarto realízase a primeira hora da mañá, existindo un servizo de garda as 24 horas
- A dieta sempre será a indicada nas ordes de tratamento, e en relación co seu estado de saúde
- Non debe tomar alimentos que estean fóra desta dieta
- Poderá elixi-lo menú da comida e da cea (só se a dieta é normal)
- As alerxias alimentarias deberán ser comunicadas no momento do ingreso. Se ten algunha dúbida sobre o contido en alérxenos dos alimentos servidos, pode solicitar que lle poñan en contacto coa Unidade de Dietética.
- Para maior hixiene e calidade, a comida facilítase en bandexas individuais deseñadas para mante-lo calor
O horario é aproximadamente:
- Almorzo: 08:45-9:00
- Comida: 13:00
- Merenda: 16:30-17:00
- Cea: 20:00
- Se desexa utiliza-lo televisor, poderá adquirir unha tarxeta nos dispensadores que atopará no andar baixo
- Dende o cuarto, é posible realizar chamadas de teléfono mediante a tarxeta que pode adquirir no andar baixo
- O horario de visitas é de 13:00 a 19:00 como norma xeral
- As visitas estarán controladas mediante tarxeta de pase, que deberán mostrar no Control de Acceso do centro.
- Non está permitido o acceso de menores aos andares de hospitalización
LEMBRE
Os centros hospitalarios, e todo o seu recinto, son espazos libres de tabaco.
Fale en voz baixa en todo o recinto hospitalario, coa fin de lograr un ambiente agradable para os enfermos.
Axuste o volume dos aparatos de radio e TV para facilita-lo adecuado descanso dos pacientes
Manteña ordenado e despexado o cuarto.
Colabore co persoal sanitario mantendo libres as zonas de paso.
Ao saír da súa habitación, é conveniente que se protexa coa bata, evitando pasear en roupa de cama.
O centro non se pode responsabilizar do deterioro ou perda dos seus obxectos persoais, polo que é conveniente que os entregue aos seus familiares.