Froito das profundas transformacións que está a vivir a nosa sociedade dende hai anos, as Administracións Publicas están a realizar importantes esforzos de adaptación á nova realidade no seu funcionamento en aspectos tales como a responsabilidade, información aos cidadáns, ou dispoñibilidade e accesibilidade, entre outras cuestións. A finalidade non é outra que a procura duns servizos públicos de calidade.
Neste contexto de reordenación dos recursos públicos, nesta Área Sanitaria de Ferrol creouse, no ano 201,1 o Punto de Atención ao Traballador (PAT) como punto de encontro entre os e as profesionais e a propia Administración, como unha xanela única que ofrece aos profesionais canais integrados para a resolución das súas demandas no ámbito da Dirección de Recursos Humanos.
O citado servizo materializouse na creación dunha oficina que pretende mellorar a calidade da información e a xestión de procedementos propios da Dirección de Recursos Humanos, así como a optimización dos recursos co fin da mellora da atención aos/as traballadores/as, simplificando os procesos administrativos.
Coa posta en marcha do PAT inténtase acadar os seguintes obxectivos:
- Facilitar a traballadores e traballadoras o acceso e a comprensión na xestións a realizar nesta área sanitaria.
- Rendibilizar os recursos adecuándoos ás necesidades e á demanda.
- Mobilizar papeis en lugar de mover profesionais.
- Potenciar a imaxe da Área Sanitaria de Ferrol.
- Xerar, impulsar e potenciar a cultura organizativa do servizo ó traballador e traballadora.
A dita oficina está fisicamente emprazada no Andar 0 do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O Punto de Atención ao Traballador/a presta a seguinte Carteira de servizos:
A atención préstase nesta Unidade de xeito presencial, telefónico e telemático.
Teléfonos: 981 33 65 70