h1

A Unidade de Atención ó Paciente xestiona as súas reclamacións, suxerencias, ou dúbidas, entre outras cuestións. Facilítalle igualmente información sobre a organización e prestacións do seu sistema de saúde, así como sobre seus dereitos e obrigas.
 
 
 
Pode comunicarse con nós tamén a través da plataforma CONTACTE.
 
É posible igualmente facelo persoalmente na Unidade de Atención ó Paciente (no andar baixo do Centro de Especialidades) do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00; ou ben nos ámbitos administrativos dos centros de saúde.

As súas xestións tramitaranse, e valerán, ademais, para facernos mellorar.

consultas externas.png