h1

Fotografía portada pinchar.PNG 
 
PERFIL CRONOLÓXICO SOBRE O PLAN DIRECTOR DO NOVO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE FERROL:
 
> Publicación no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) do Plan Director. Venres, 26 de agosto de 2016.
 
> Publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do anuncio da licitación do servizo de redacción do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e a redacción do proxecto básico e de execución da Fase I. Martes, 30 de agosto de 2016.
 
> Publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) da redacción do Plan Director. Martes, 6 de setembro de 2016.
 
> Anuncio, no DOG 13 de marzo de 2017, da formalización da contratación da redacción do plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e a redacción do proxecto básico e de execución da fase I (expediente AB SER3-16-005). López-Fando e Asociados, S.L.P. Importe o canon de adxudicación. Importe total 475.793,47.
 
> Informe a Consello da Xunta traballo en redacción do proxecto. Abril de 2017.
 
> A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial da Unión Europea, o 1 de outubro de 2018, o anuncio de previo de licitación das obras da fase I do Complexo Hospitalario de Ferrol, que se corresponden coa ampliación do Hospital Arquitecto Marcide, unha infraestrutura na que a Administración autonómica prevé investir preto de 47 millóns de euros.
 
> A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, o 28 de decembro de 2018, licitou o contrato para a execución da primeira fase da ampliación do Complexo Hospitalario de Ferrol, cun orzamento de 56.802.804,05 euros. Tamén se licitaron dous contratos de servizo, un para a dirección desta obra de edificación cun orzamento base de 761.358,62 euros, e outro para a dirección de execución de edificación por valor de 761.358,62 euros.
 
> Na primeira semana de setembro de 2019, comezaban as obras necesarias para acondicionar o edificio de Mariñeiría do Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. A adxudicación do contrato formalizábase por un importe de 376.690,80 euros, e o prazo estimado era de 3,5 meses. Para poder acometer a Fase I, resulta necesario este acondicionamento deste edificio antigamente destinado a Mariñeiría no Hospital Naval, o que permitirá trasladar ós mesmos servizos actualmente emprazados nas zonas afectadas polas futuras novas edificacións. Así, unha vez finalizada a obra de Mariñeiría, trasladaranse ao mesmo departamentos como mantemento e taller de carpintería, servizo de informática, unidade de formación continuada, unidade de almacén e aprovisionamentos, servizos xerais, e diversos almacéns, entre outros.
 
> Queda pechada no mes de setembro a Fase 0 cun novo Laboratorio de Anatomía Patolóxica (definitivo), unha nova Lavandería (definitiva) e unha nova cociña (provisional) no Hospital Naval.
 
> Os seguintes pasos inmediatos, xa nesta Fase I, en setembro de 2019, son Microbioloxía (provisional), Farmacia (provisional) e Hospital de Día Oncohematolóxico (provisional) no Hospital Naval para poder baleirar os espazos no Marcide, e iniciar obra do novo edificio neses espazos. Xa se traballa con Microbioloxía, primeira actuación destes pasos iniciais da Fase I.
 
> Trasládase, en febreiro de 2020, Pediatría do primeiro ó terceiro andar do Hospital Naval para poder comezar alí a obra do Hospital de Día Onco-hematolóxico provisional; e xa se traballa tamén nos futuros espazos da Microbioloxía provisional, pasos iniciais desta Fase I.
 
> Comezan, a finais de febreiro de 2020, os primeiros traslados de diferentes departamentos para o renovado edificio de Mariñeiría, o que permite liberar espazos tanto no Hospital Naval como no Arquitecto Marcide do Complexo para seguir coas actuacións da Fase I.
 
> En marzo de 2020, estáse a traballar xa activamente nas obras que acollerán o Hospital de Día Onco-Hematolóxico provisional, a Farmacia Provisional e o Laboratorio Provisional no Hospital Naval do Complexo; e, no Hospital Arquitecto Marcide, xa se está a actuar nos espazos que acollerán o novo Servizo de Radiodiagnóstico.
 
> En abril de 2020, realízanse os accesos na variante da vía do Hospital Arquitecto Marcide para facilitar o fluxo interno de tráfico no recinto durante as obras. Establécese unha rampla unidireccional de saída de subministracións, almacén e mercadorías para axilizar o tráfico interno. A súa saída é pola parte inferior da parcela do hospital, á rúa Irmandade de Doadores de sangue. Ó finalizar as obras, esta zona será a destinada a área reservada para subministracións do hospital, por onde se xestionará tanto a entrada de subministracións como a retirada de residuos do Hospital.
 
> En agosto de 2020, actúase na prancha dos xardíns principais da fachada do Hospital Arquitecto Marcide, para situar módulos de almacenaxe e residuos, que foi necesario trasladar do soto para seguir avanzando nos citados espazos de Radiodiagnóstico.
 
> En setembro de 2020, avanzan as tarefas de escavación e sostemento no Hospital Arquitecto Marcide, para os novos edificios.
 
> En outubro de 2020, actívase a Cociña Provisional no Hospital Naval, trasladada dende o Marcide, co que se pecha a Fase 0 do Plan Director.

> O 6 de xuño de 2021, comezaba o traslado coa actividade das consultas externas de Farmacia no Hospital Naval. Acondicionouse o andar baixo do Hospital Naval, no entorno da Farmacia que xa existía neste centro, para aglutinar así todo o Servizo Farmacéutico neste ámbito de xeito provisional.
 
> O 19 de xuño de 2021, o Hospital de Día Onco-Hematolóxico trasládase ó seu renovado emprazamento provisional no primeiro andar do Hospital Naval do Complexo, dende o soto do Hospital Arquitecto Marcide. A entrada é pola fachada lateral do primeiro andar fronte ó aparcamento (antigas Urxencias do Hospital Naval).
 
> O 4 de outubro de 2021, comeza a funcionar no Naval o Laboratorio de Microbioloxía provisional. Conta con instalacións totalmente renovadas e que amplían considerablemente os espazos para traballar no ámbito deste Servizo Central, que pasa de 360 metros cadrados a 604 metros cadrados.
 
> Nestes meses de 2021, no Hospital Arquitecto Marcide, xa se está a intervir nos espazos liberados no soto polos departamentos que se trasladaron a Mariñeiría no ano 2020 (como Servizos Xerais ou Mantemento). Faise a demolición nunha parte do espazo que acollerá o novo Servizo de Radiodiagnóstico, no que se traballa activamente.
 
> Están feitos xa os accesos na variante da vía para facilitar o fluxo interno de tráfico no  recinto durante as obras. Establécese unha rampla unidireccional de saída de subministracións, almacén e mercadorías para axilizar o tráfico interno.
 
> En 2022, continúase a traballar nos dous novos edificios Este e Sur da Fase I. O edificio Este albergará, entre utras cuestións, a cociña, os vestiarios, as urxencias, a farmacia, os gabinetes e os servizos de nefroloxía, pediatría, UCI e a nova hospitalización. O edificio Sur albergará a nova central de instalacións, a xerencia, a dirección e a administración.

> Novembro de 2022.- A Xunta de Galicia publica a licitación, por un importe de 120.000 euros, da ampliación de equipamento para a nova área de Radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Esta licitación inclúe a subministración de 27 estacións de radiodiagnóstico para a nova área de Radioloxía que se está a construír dentro da fase 1 do Plan Director. Dada a ampliación en marcha neste servizo, o contrato non só supón renovar as 14 existentes senón a dotación doutras 13 novas estacións. As 27 estacións de radiodiagnóstico incorporan 27 estacións de traballo por importe de 52.000 euros, 10 monitores de diagnóstico cun panel e 16 con dobre panel; que ascenden a 53.000 euros. Tamén inclúen un monitor de diagnóstico mamográfico cun importe de 13.900 euros e un calibrador.

> Decembro de 2022 .- Continúase coa finalización de la primeira parte del Edificio Sur, que alberga tódalas novas instalacións eléctricas do Hospital: dende as acometidas da compañía subministradora, centro de transformación, cadros xerais de baixa tensión, grupos electróxenos, equipos de continuidade, produción de auga fría para climatización e central de bombeo. Son instalacións necesarias para o funcionamento do Hospital. Aínda que se trata de obra que non é visible, é a que dá o soporte necesario para que todo o resto poida funcionar correctamente.

> Está xa executada a nova traza da vía Irmandade de Doadores de Sangue e queda só pendente de realizar a parte que corresponderá á zona de subministracións do Hospital. Para poder completala é necesario realizar a modificación dalgunhas das acometidas de servizos ó propio hospital, que actualmente se atopan na fase final da súa execución.

> Marzo de 2023.- Recepciónase a obra da nova área de Radiodiagnóstico, que chega ós 2.200 m2, e case duplica a superficie anterior. Incorpora equipos por 5,5 millóns de euros destinados a actuar sobre as resonancias magnéticas, onde se renovou a que había e engadiuse unha segunda; e os TACs, onde se renovan tanto os dous desta área como o do Hospital Naval.

> Abril de 2023.- Comeza a funcionar a Resonancia Magnética, Ecografía e Radioloxía Convencional no novo espazo de Radiodiagnóstico.

> Agosto 2023.- O almacén de subministracións do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol trasládase ó andar -1 no módulo xa realizado do novo edificio sur, no marco do Plan Director.

> Ó novo edificio sur xa se foron trasladando elementos necesarios para poder demoler as zonas previstas do Hospital Arquitecto Marcide orixinal e poder seguir avanzando nos novos edificios. No seu andar -2 están xa activas moitas das zonas clave para o funcionamento técnico do Complexo, como os centros de transformación de enerxía, sistemas antiincendios, grupos electróxenos, sistemas de refrixeración, entrada de auga quente e fría, e cadros de xerais de alta e baixa tensión, entre outras cuestións. Igualmente, xa unha parte do andar cero deste novo edificio sur acolleu ó recentemente operativo Servizo de Radiodiagnóstico, que se realizou empregando unha parte do actual Hospital Marcide e unha parte comunicada co citado novo edificio sur.