h1

consello asesor paciente.png

 
Un total de 19 asociacións forman parte do Consello Asesor de Pacientes da Área de Ferrol. Este Consello é un órgano colexiado de carácter consultivo, regulado na Orde 16 de outubro de 2018, que establece a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área. Configúrase como un vehículo de implicación das asociacións nas que se agrupan os pacientes, canalizando a súa participación e a das súas familias (ou das persoas que os representen ou que se responsabilicen do seu coidado), coa finalidade de participar e colaborar na mellora da calidade da asistencia sanitaria.
 
Estes Consellos permitirán ós pacientes, a través das súas asociacións, ter maior voz e asesorar a través destes órganos sobre aspectos relacionados coa asistencia sanitaria, a prevención da enfermidade ou o deseño dos espazos dos centros sanitarios para a mellora da súa accesibilidade e funcionamento. Tamén poderán realizar propostas que poidan contribuír á mellora da atención e coidados dos pacientes, asesorar sobre os contidos das guías de información dirixidas a pacientes, ou na mellora da información da seguridade, entre outras cuestións.

A Área Sanitaria de Ferrol ten recollido xa as súas suxestións nas xuntanzas celebradas ata o momento, dende a súa constitución en marzo de 2019.