h1

Neste espazo web, podes ver cuestións básicas da Área Sanitaria de Ferrol, aspectos que agardamos sexan útiles para ti. As cifras, accións e programas que se reflicten nela son froito do traballo das e dos profesionais que conforman esta Área, e que son a súa esencia.

Avogamos por un traballo en equipo con eses profesionais, xa que non pode ser doutro xeito, para dar a mellor atención. Cada persoa da cadea conta e é fundamental para manter unha prevención e unha asistencia o máis completa e achegada.

Navegando por estas páxinas, podedes ver os servizos e centros que conforman a Área Sanitaria de Ferrol, e o noso compromiso susténtase en promover a incorporación de calquera avance a nosa Área, nun contexto sempre cambiante pola evolución dos tratamentos e os coidados e da medicina en xeral.

Xunto con isto, transformar os procesos e conexións entre eses servizos e centros para mellorar o tránsito da cidadanía polos mesmos.

Todas e todos traballamos para potenciar ó máximo ós recursos dunha Área Sanitaria de Ferrol mediana en tamaño pero grande na implicación das e dos seus profesionais, no achegamento á persoa, na formación ou na docencia, entre outras moitas cousas. Unha familia para a que a saúde da poboación é a razón de ser.