h1

 
 Captura2.JPG
 
FUNCIÓNS

 

1. Divulgar e promover a cultura da investigación:
  • Impulsar a celebración de xornadas, seminarios ou sesións.
  • Elaborar documentos, boletíns ou folletos informativos.
  • Promocionar a investigación que se realiza na Área Sanitaria de Ferrol por diferentes canles e tecnoloxías de información  e comunicación.
  • Colaborar e promover a participación en programas e proxectos de investigación externos á Área Sanitaria de Ferrol.
 

2. Fomentar o coñecemento da investigación:

  • Propoñer e liderar proxectos e grupos de investigación.
  • Fomentar mediante campañas divulgativas e outros recursos a lectura crítica de artigos científicos e o uso dos recursos do Sergas e a Consellería de Sanidade (BiblioSaúde, ACIS, RUNA, SOPHOS,...), e outros recursos de investigación ofertados por institucións gobernamentais.
  • Orientar e ofrecer retroalimentación ós profesionais investigadores (a través de enderezo electrónico, sesións consultivas presenciais...), sobre liñas de investigación ou diferentes aspectos da transferencia ou divulgación dos traballos de investigación (becas, premios, convocatorias...).
  
3. Asesorar á Dirección en temas de investigación:
  • Propoñer novas liñas de investigación de interese para a Área Sanitaria de Ferrol ou Sergas.
  • Participar no deseño do programa formativo anual da Área Sanitaria de Ferrol, no ámbito da investigación.
  • Obter e xestionar indicadores da calidade científica e investigadora dos profesionais da Área Sanitaria de Ferrol.

 

COMPOSICIÓN

Membros natos (por razón do seu cargo):
  1. Fernanda López Crecente .- Directora de Procesos de Soporte
  2. Ramón López De los Reyes .- Xefe de estudos da Unidade de Docencia e Investigación (UDI)
  3. María Luisa Fraga Sampedro .- Supervisora de Área da Unidade de Formación Continuada
  4. Portal González Lorenzo .- Xefa de estudos Unidade de Docencia Multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria
  5. Uxía Gutiérrez Couto.- Bibliotecaria da ASF
  6. Javier Quiles del Río .- Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías de Información
  7. Juan Manuel González Lorenzo.- Subdirección de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía
 
Membros electos (por razón de servizo ou unidade):
  1. Carolina Aneiros Suárez (FEAS Xinecoloxía)
  2. Diego Bellido Guerrero (FEAS Endocrinoloxía e Nutrición)
  3. Begoña De Domingo Barón (FEAS Oftalmoloxía)
  4. Ana Echarri Piudo (FEAS Dixestivo)
  5. Ana Meizoso Ameneiro (Enfermeira. Unidade de Dialise)
  6. Benigno Monteagudo Sánchez (FEAS Dermatoloxía)
  7. María Aida Pérez Fuertes (FEAS Análises Clínicas)
  8. José María Rumbo Prieto (Enfermeiro. Área de Formación-UDI)
  9. Nieves Valvarce Pardeiro (FEAS Farmacia Hospitalaria)

 

Contacto: investigacion.xerencia.ferrol@sergas.es