h1

Onde podo ver o meu informe? 

  1. Desde a web E-Saúde

Como accedo?

  1. En esaude.sergas.es premes en "ACCEDER".
  2. Cobres os datos para acceder con Chave365
  3. Vas a "Historia Clínica" -> "A miña historia clínica SERGAS".
  4. Premes en "O meu certificado COVID".
  5. Premes na icona para descargar o teu Certificado COVID-19.

Que é Chave365? 

Chave365 é un mecanismo de identificación e sinatura electrónica da Xunta de Galicia. Permite aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Para a realización de trámites, as persoas rexistradas en Chave365 só precisan:
  • Identificarse co seu NIF e clave persoal.
  • Asinar electronicamente cun código que reciben no seu teléfono móbil, un código que é
    único para cada operación.

 

Cómo activo Chave365?
  • Presencialmente en calquera punto de acreditación.
  • No momento da vacinación nun gran recinto, declarando a túa vontade de activala.

Neste caso, recibirás posteriormente unha mensaxe no teu móvil coa túa clave de acceso. Debes cambiala para poder operar con Chave365, según as instrucións que podes atopar no díptico."

 

Descarga Sergas Móbil

app_store_gal.jpggplay_gal.jpg