h1

A ÁREA SANITARIA DE FERROL SÚMASE Á CELEBRACIÓN NACIONAL DO DÍA MUNDIAL DOS COIDADOS PALIATIVOS
 
paliativos_principio_texto.png
Con motivo do Día Mundial dos Coidados Paliativos, que se celebra o 10 de outubro, os alumnos do Curso de Fotografía da Área Sanitaria de Ferrol que organiza a Asociación Deportiva e Cultural do Área Sanitaria de Ferrol (ADESCAFE) realizamos esta selección de fotografías para axudar a visibilizar o labor que se está a facer na nosa área.
 
Con este motivo, amosámosvos unha selección das nosas fotografías cunha temática moi variada, que reflicten as nosas diferenzas e semellanzas, marcadas pola nosa personalidade, pero ensinando aquelas cousas, dende a subxectividade de cada un, que nos transmiten calma, benestar e confort, aspectos da atención ós que se lle adica este ano o Día Mundial.
 
Esperamos que gocedes delas e que logremos transmitirvos estas sensacións que desexamos para as persoas que precisan dos coidados paliativos.
 
paliativos_final_texto.png
 
Podes premer nas imaxes para ver ampliada esta exposición virtual.