h1


recentementeNadoSenLogo.png 
 

Os bebés que nazan no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol poden ser inscritos no Rexistro Civil, no propio centro hospitalario. As nais ou as súas parellas, se así o desexan, poden realizar a solicitude de inscrición no Rexistro en:
 
Servizo de Admisión, en Cita Previa, no vestíbulo do Hospital Arquitecto Marcide.
 
De luns a venres (laborais), de 09:30 a 13:30 horas.
 
Poden optar tamén por realizar esta inscrición no propio Rexistro Civil antes de 10 días desde o parto.
 
REQUISITOS:

Para realizar a solicitude de inscrición no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, tal e como se reflicte na norma, deberanse cumprir unha serie de requisitos como:
 
  • Inscribir ó bebé entre as 24 e as 72 horas tralo nacemento. 
  • Só poderá inscribirse no Rexistro Civil de Ferrol (lugar de nacemento do bebé), ou da localidade de empadroamento dos proxenitores en todo o territorio nacional. 
  • Deberá estar decidido o nome do bebé.
  • Indicar unha dirección onde se remitirá a inscrición definitiva realizada polo Rexistro Civil.
  • Aportar a seguinte documentación necesaria: o Documento Nacional de Identidade (DNI) do pai e da nai; o certificado de nacemento, que lle facilitan no centro hospitalario; e o libro de familia ou certificado de matrimonio.
 
Regula todo isto a Instrución de 9 de outubro de 2015, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre comunicación electrónica de nacementos dende centros sanitarios, no marco da Lei 19/2015, de 13 de xullo, de medidas de reforma administrativa no ámbito da Administración de Xustiza e do Rexistro Civil.