> O 6 de xuño de 2021, comezaba o traslado coa actividade das consultas externas de Farmacia no Hospital Naval. Acondicionouse o andar baixo do Hospital Naval, no entorno da Farmacia que xa existía neste centro, para aglutinar así todo o Servizo Farmacéutico neste ámbito de xeito provisional.
> O 19 de xuño de 2021, o Hospital de Día Onco-Hematolóxico trasládase ó seu renovado emprazamento provisional no primeiro andar do Hospital Naval do Complexo, dende o soto do Hospital Arquitecto Marcide. A entrada é pola fachada lateral do primeiro andar fronte ó aparcamento (antigas Urxencias do Hospital Naval).
> O 4 de outubro de 2021, comeza a funcionar no Naval o Laboratorio de Microbioloxía provisional. Conta con instalacións totalmente renovadas e que amplían considerablemente os espazos para traballar no ámbito deste Servizo Central, que pasa de 360 metros cadrados a 604 metros cadrados.
> Nestes meses de 2021, no Hospital Arquitecto Marcide, xa se está a intervir nos espazos liberados no soto polos departamentos que se trasladaron a Mariñeiría no ano 2020 (como Servizos Xerais ou Mantemento). Faise a demolición nunha parte do espazo que acollerá o novo Servizo de Radiodiagnóstico, no que se traballa activamente.
> Están feitos xa os accesos na variante da vía para facilitar o fluxo interno de tráfico no recinto durante as obras. Establécese unha rampla unidireccional de saída de subministracións, almacén e mercadorías para axilizar o tráfico interno.
> En 2022, continúase a traballar nos dous novos edificios Este e Sur da Fase I. O edificio Este albergará, entre utras cuestións, a cociña, os vestiarios, as urxencias, a farmacia, os gabinetes e os servizos de nefroloxía, pediatría, UCI e a nova hospitalización. O edificio Sur albergará a nova central de instalacións, a xerencia, a dirección e a administración.
> Novembro de 2022.- A Xunta de Galicia publica a licitación, por un importe de 120.000 euros, da ampliación de equipamento para a nova área de Radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Esta licitación inclúe a subministración de 27 estacións de radiodiagnóstico para a nova área de Radioloxía que se está a construír dentro da fase 1 do Plan Director. Dada a ampliación en marcha neste servizo, o contrato non só supón renovar as 14 existentes senón a dotación doutras 13 novas estacións. As 27 estacións de radiodiagnóstico incorporan 27 estacións de traballo por importe de 52.000 euros, 10 monitores de diagnóstico cun panel e 16 con dobre panel; que ascenden a 53.000 euros. Tamén inclúen un monitor de diagnóstico mamográfico cun importe de 13.900 euros e un calibrador.
> Decembro de 2022 .- Continúase coa finalización de la primeira parte del Edificio Sur, que alberga tódalas novas instalacións eléctricas do Hospital: dende as acometidas da compañía subministradora, centro de transformación, cadros xerais de baixa tensión, grupos electróxenos, equipos de continuidade, produción de auga fría para climatización e central de bombeo. Son instalacións necesarias para o funcionamento do Hospital. Aínda que se trata de obra que non é visible, é a que dá o soporte necesario para que todo o resto poida funcionar correctamente.
> Está xa executada a nova traza da vía Irmandade de Doadores de Sangue e queda só pendente de realizar a parte que corresponderá á zona de subministracións do Hospital. Para poder completala é necesario realizar a modificación dalgunhas das acometidas de servizos ó propio hospital, que actualmente se atopan na fase final da súa execución.
> Marzo de 2023.- Recepciónase a obra da nova área de Radiodiagnóstico, que chega ós 2.200 m2, e case duplica a superficie anterior. Incorpora equipos por 5,5 millóns de euros destinados a actuar sobre as resonancias magnéticas, onde se renovou a que había e engadiuse unha segunda; e os TACs, onde se renovan tanto os dous desta área como o do Hospital Naval.
> Abril de 2023.- Comeza a funcionar a Resonancia Magnética, Ecografía e Radioloxía Convencional no novo espazo de Radiodiagnóstico.
> Agosto 2023.- O almacén de subministracións do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol trasládase ó andar -1 no módulo xa realizado do novo edificio sur, no marco do Plan Director.
> Ó novo edificio sur xa se foron trasladando elementos necesarios para poder demoler as zonas previstas do Hospital Arquitecto Marcide orixinal e poder seguir avanzando nos novos edificios. No seu andar -2 están xa activas moitas das zonas clave para o funcionamento técnico do Complexo, como os centros de transformación de enerxía, sistemas antiincendios, grupos electróxenos, sistemas de refrixeración, entrada de auga quente e fría, e cadros de xerais de alta e baixa tensión, entre outras cuestións. Igualmente, xa unha parte do andar cero deste novo edificio sur acolleu ó recentemente operativo Servizo de Radiodiagnóstico, que se realizou empregando unha parte do actual Hospital Marcide e unha parte comunicada co citado novo edificio sur.
> Agosto 2023.- O almacén de subministracións do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol trasládase ó andar -1 no módulo xa realizado do novo edificio sur, no marco do Plan Director.
> Decembro 2023.- Demolición dos espazos que darán paso á continuidade do Edificio Este (Rúa Doadores de Sangue), o edificio con máis peso asistencial. Alí estaban o antigo almacén, Farmacia, parte de Radioloxía, de Medicina Preventiva, fundamentalmente, e entre outros menores.
> Xaneiro 2024.- Remate demolición e desescombrado para dar continuidade ó edificio Este asistencial, que xa ten un lado visible no seu 33% aproximado (denominado Bloque A).
> Xaneiro 2024.- A Xunta de Galicia inicia os trámites da contratación do proxecto da Fase Final do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol coa publicación do anuncio no Diario Oficial da Unión Europea. Publicación do anuncio na Plataforma de Contratos.