A solicitude de
informes, imaxes radiolóxicas, ou analíticas, entre outras cuestións, pode realizala a través de
É-Saúde ou na Unidade de Atención ó Paciente, mediante un formulario no que se especifica detalladamente a documentación que debe presentar para acreditar o dereito a realizar esta
solicitude.
Dende É-Saúde, pode vostede acceder a información sobre a súa medicación e receitas; e obter a folla coa súa medicación activa e o calendario de retirada de medicación na farmacia.