Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11-Bis Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3123

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

I

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. O obxecto do devandito acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión, mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade.

Así mesmo, indícase no dito punto sexto, na redacción vixente, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e en vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación das medidas concretas contidas no anexo.

Mediante o Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, declarouse o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. Esta declaración afectou todo o territorio nacional e a súa duración inicial estendeuse, conforme o disposto no seu artigo 4, ata as 00.00 horas do día 9 de novembro de 2020.

Conforme o artigo 2 dese real decreto, para os efectos do estado de alarma, a autoridade competente será o Goberno da Nación. En cada comunidade autónoma e cidade con estatuto de autonomía, a autoridade competente delegada será quen exerza a presidencia da comunidade autónoma ou cidade con estatuto de autonomía, nos termos establecidos no real decreto. As autoridades competentes delegadas quedan habilitadas para ditar, por delegación do Goberno da Nación, as ordes, resolucións e disposicións para a aplicación do previsto nos artigos 5 ao 11 do real decreto, sen que para iso sexa precisa a tramitación de procedemento administrativo ningún, nin será de aplicación o previsto no segundo parágrafo do artigo 8.6 e no artigo 10.8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O 29 de outubro de 2020, o Congreso dos Deputados autorizou a prórroga do estado de alarma ata o día 9 de maio de 2021. Conforme o artigo 2 do Real decreto 956/2020, do 3 de novembro, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, a prórroga establecida no devandito real decreto estenderase desde as 00.00 horas do día 9 de novembro de 2020 ata as 00.00 horas do día 9 de maio de 2021, e someterase ás condicións establecidas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, e nos decretos que, se é o caso, se adopten en uso da habilitación conferida pola disposición derradeira primeira do citado Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, sen prexuízo do establecido nas disposicións que recolle o propio real decreto de prórroga.

En consecuencia, durante a vixencia do estado de alarma e da súa prórroga, as medidas previstas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, deberán adoptarse, na condición de autoridade competente delegada, nos termos previstos no devandito real decreto e no real decreto de prórroga.

Non obstante, as medidas previstas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, non esgotan todas as que poden ser adoptadas para facer fronte á crise sanitaria. Neste sentido, como prevé expresamente o seu artigo 12, cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente, así como a xestión dos seus servizos e do seu persoal, para adoptar as medidas que considere necesarias, sen prexuízo do establecido no real decreto.

Polo tanto, durante a vixencia do estado de alarma e das súas prórrogas, as medidas que sexa necesario adoptar para facer fronte, na Comunidade Autónoma, á crise sanitaria serán as que poida acordar, ao abeiro da normativa do estado de alarma, o presidente da Comunidade Autónoma, como autoridade competente delegada, e as complementarias que poidan adoptar, no exercicio das súas competencias propias, as autoridades sanitarias autonómicas e, entre elas, a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, ao abeiro do disposto no punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020 citado.

II

Sentado o anterior, no contexto normativo derivado do estado de alarma vixente e ante a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia, ditouse o Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. Tales medidas consistiron no establecemento de limitacións de entrada e saída de persoas de determinados ámbitos territoriais e en limitacións da permanencia de persoas en espazos de uso público e de uso privado, e en lugares de culto. Conforme o punto quinto do decreto, a eficacia destas medidas estendíase ata as 15.00 horas do día 4 de decembro de 2020, sen prexuízo de que debían ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento. Ademais, esas medidas debían ser complementadas, como indica o propio decreto, con outras que procede que adopte a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no exercicio das súas competencias propias como autoridade sanitaria autonómica. Estas medidas complementarias establecéronse mediante a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que foi modificada en diversas ocasións.

III

A situación da evolución epidemiolóxica xeral na Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa duración inicial das medidas que se viñan aplicando, facía necesario acometer unha revisión delas, tanto das previstas con carácter xeral para a Comunidade Autónoma de Galicia como das particulares aplicables en ámbitos territoriais concretos. Por outra banda, valorouse tamén a incidencia acumulada que a aplicación das medidas viña supoñendo para sectores concretos da actividade económica e o impacto que estaban a ter na realidade socioeconómica de Galicia.

En concreto, en vista do indicado nos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 3 de decembro de 2020, e logo de escoitar as recomendacións do comité clínico reunido para estes efectos, a situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia exixía a adopción das medidas que se estableceron na Orde do 3 de decembro de 2020, baseadas na distinción de diversos niveis de restrición, consistentes nun nivel básico, aplicable con carácter xeral en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e duns niveis medio, medio-alto e de máximas restricións, aplicables de forma progresiva e graduada naqueles concellos cunha situación epidemiolóxica máis desfavorable.

Tamén se tiveron en conta a regulación e as limitacións en canto aos grupos de persoas que recolle o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, de tal xeito que na orde se realizou unha revisión das medidas vixentes en canto aos grupos de persoas nas distintas actividades previstas nas medidas de prevención.

Coa finalidade de garantir a adecuación das medidas recollidas na Orde do 3 de decembro de 2020 á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria da Comunidade Autónoma, estas son obxecto dun continuo seguimento e avaliación, que se plasma nas sucesivas modificacións operadas na devandita orde desde a súa entrada en vigor ata o día de hoxe.

Así, mediante a Orde do 4 de decembro de 2020 modificouse a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, na cal se fixo constar a evolución favorable da situación dos concellos de Oleiros, Burela, Fene, Neda, Lalín e Oroso, que permitiu a aplicación neles das medidas previstas no anexo I da Orde do 3 de decembro de 2020, así como a evolución negativa do concello de Boiro, onde se pasou a aplicar o máximo nivel de restricións.

A continuación, mediante a Orde do 11 de decembro de 2020 levouse a cabo unha nova modificación da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, con base na cal pasaron ao nivel básico de restricións os concellos de Silleda, Ribadavia, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Vilanova de Arousa e Xinzo de Limia. Tamén mellorou a situación nos concellos de Pontevedra, O Porriño, Narón e Ferrol, que pasaron a un nivel de restricións medio-alto, e de Lugo, que pasou ao nivel medio. Por outro lado, empeorou a situación nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas, Tomiño e O Rosal, A Guarda, Sarreaus e A Rúa, nos cales se adoptaron medidas de nivel de restricións medio-alto.

Pola súa banda, na Orde do 16 de decembro de 2020 acométese outra modificación da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta orde reflíctese a melloría da situación epidemiolóxica dos concellos de Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasaron a un nivel básico de restricións. Pola contra, o empeoramento da situación epidemiolóxica fixo necesario elevar o nivel de restricións doutros concellos: Santiago de Compostela pasou ao nivel medio de restricións, mentres que Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa de Arousa e Fisterra pasaron ao nivel medio-alto e adoptáronse medidas de máxima restrición en Ribeira, Bueu e Baiona.

Posteriormente, mediante a Orde do 22 de decembro de 2020 volveuse modificar a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta orde recolleu a melloría da situación dos concellos de Meis, Ribadumia, Muxía, Cerdedo-Cotobade, Vilaboa e Ponte Caldelas, que pasaron ao nivel básico; de Moaña, que se atopaba no nivel de máximas restricións e pasou ao nivel medio de restricións, e de Vilalba, Tui e Ponteareas, nos cales se reduciron as restricións aplicables ao pasar do nivel máximo ao nivel medio-alto. Tamén recolleu o empeoramento da situación do concello de Rianxo, que ata este momento se encontraba no nivel básico de restricións e pasou ao máximo nivel de restricións.

Mediante a Orde do 29 de decembro de 2020 realizouse unha nova modificación da citada Orde do 3 de decembro de 2020. Así, de acordo co informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 29 de decembro de 2020, constatouse a evolución da situación epidemiolóxica positiva en diferentes concellos como Ponteareas, Rodeiro e Lugo, que pasaron ao nivel básico de restricións, e Redondela, que ata ese momento se atopaba no nivel de máxima restrición e que pasou ao nivel medio-alto.

Distinta foi a situación dos concellos de Barro, Xinzo de Limia, Muros, A Pobra do Caramiñal, Carral, Xove, Porto do Son, Outes, Noia e Lousame, nos cales se observou un empeoramento da evolución epidemiolóxica que fixo necesaria a adopción das medidas máis restritivas correspondentes ao nivel medio-alto. Pola súa parte, os concellos de Viveiro, Verín, Cualedro, Castrelo do Val e Monterrei, da comarca de Verín, pasaron ao nivel de máximas restricións.

Por outro lado, flexibilizáronse as restricións aplicables á hostalaría nos niveis de restrición medio-alto e de máximas restricións e ampliouse o horario de apertura das 17.00 horas ás 18.00 horas, para o cal se modificaron os anexos III e IV da Orde do 3 de decembro de 2020.

Así mesmo, adoptáronse medidas especiais para a hostalaría os días 31 de decembro de 2020 e 1 de xaneiro de 2021. Así, o día 31 de decembro de 2020, nos ámbitos territoriais en que se aplicaran as medidas previstas nos anexos I (nivel básico) e II (nivel medio) da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción vixente, os clientes dos establecementos de hostalaría e restauración debían abandonar os citados establecementos antes das 23.00 horas. A mesma medida sería aplicable nos establecementos e locais de xogo e apostas nos ámbitos territoriais en que se aplicaran as medidas previstas nos anexos I (nivel básico), II (nivel medio) e III (nivel medio-alto) da Orde do 3 de decembro de 2020. Por outra banda, o día 1 de xaneiro os establecementos de hostalaría e restauración non puideron abrir antes das 11.00 horas.

Mediante a Orde do 4 de xaneiro de 2021 modificouse a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así, de acordo co informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 4 de xaneiro de 2021, a mellora da evolución epidemiolóxica nos concellos de Carnota e das Pontes de García Rodríguez determinou que estes concellos pasasen do nivel de restricións medio-alto e máximo, respectivamente, ao nivel básico. Tamén se observou unha evolución positiva no concello de Narón, ao cal pasaron a aplicárselle as medidas restritivas propias do nivel medio.

Mediante a Orde do 8 de xaneiro de 2021 modificouse novamente a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste sentido de acordo cos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 8 de xaneiro de 2021, tendo en conta o valor das taxas acumuladas a 14 días, nos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo, propúxose que estes concellos pasasen ao nivel de máximas restricións previstas no anexo IV da Orde do 3 de decembro de 2020, na súa redacción vixente.

Por outra banda, atendida a situación epidemiolóxica nos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Arteixo, procedía que os citados concellos pasasen ao nivel de restricións medio-alto previsto no anexo III da Orde do 3 de decembro de 2020, na súa redacción vixente.

Polos mesmos motivos, e atendendo a situación epidemiolóxica nos concellos de Ourense e Barbadás, os citados concellos pasaron ao nivel de restricións medio-alto previsto no anexo III da Orde do 3 de decembro de 2020, na súa redacción vixente.

Mediante a Orde do 13 de xaneiro de 2021 modificouse novamente a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así, de acordo cos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública, observouse que as taxas de incidencia acumuladas a 3, 7 e 14 días estaban, para o conxunto de Galicia, en niveis moi elevados, obténdose valores de 81,9, 192,4 e 306,3 casos por cen mil habitantes respectivamente. A media de casos acumulados a 7 días para os últimos 28 días amosaba unha clara tendencia ascendente.

Por áreas sanitarias, as taxas a 14 días acadaron valores superiores aos 250 casos por cen mil habitantes en todas elas, agás Lugo e Pontevedra, que, aínda así, amosaban tamén valores altos ao acadar taxas por riba dos 230 casos por cen mil habitantes.

Por outro lado, o número reprodutivo instantáneo (Rt), que indica o número de casos secundarios que ocorren por cada caso activo, amosaba unha tendencia ascendente, e acadaba un valor próximo a 1,4 para o global de Galicia e mantíñase por riba do valor 1 en todas as áreas sanitarias, o que indicaba a progresión da transmisión.

O número de ingresos en camas de hospitalización e tamén en camas de coidados críticos estaba tamén a aumentar coa previsión de que seguise esta mesma tendencia nos próximos días e semanas, sometendo ao sistema asistencial a un aumento de presión que terá repercusións evidentes sobre a saúde da poboación, especialmente dos máis vulnerables.

Por conseguinte, recomendábase adoptar as medidas correspondentes ao nivel máximo de restricións nos concellos de máis de 10.000 habitantes que tiñan xa unha incidencia acumulada a 14 días superior a 250 casos por cen mil habitantes, ou que evolucionaban de xeito acelerado cara ese nivel. Estes concellos foron: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón e Fene, Vilalba e Viveiro, Ourense, Barbadás, Verín, O Carballiño, A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía e Vilanova.

Así mesmo, no relativo aos concellos de menos de 10.000 habitantes, cunha incidencia a 14 días superior a 250 casos por cen mil habitantes, nos que a evolución da súa incidencia acumulada, o número de casos activos e as características específicas dos seus brotes, considerouse necesario elevar as súas restricións ata o nivel máximo de restricións.

Estes concellos foron: Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo e Val do Dubra, Xove, Allariz, Monterrei e Xinzo de Limia, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño.

Por outra banda, engadíronse algunhas medidas coa finalidade mellorar o control e intensificar as restricións na interacción social da poboación.

Entre tales medidas atópanse as destinadas aos centros e parques comerciais que deberán de dispoñer de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións, limitacións da apertura dos establecementos e locais comerciais ata as 21.30 h, limitación de capacidade ao 30% respecto dos centros ou parques comerciais ou que formen parte deles ou medidas orientadas no transporte para procurar aumentar a ventilación dos vehículos.

IV

A evolución epidemiolóxica e sanitaria de diversos concellos fai necesaria, neste momento, unha nova modificación da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así de acordo co informe da Dirección Xeral de Saúde pública do 19 de xaneiro de 2021 observase que, na Comunidade Autónoma de Galicia, as taxas de incidencia a 3, 7 e 14 días seguen a presentar un incremento de valores con datos de 134,4, 290,9 e 471,9 casos por cen mil habitantes respectivamente

Por áreas sanitarias, as taxas a 14 días acadan valores superiores aos 250 casos por 100.000 habitantes en todas elas, superando incluso os 500 casos por 100.000 habitantes nas áreas sanitarias da Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense.

Por outra banda, o número reprodutivo instantáneo (Rt), que indica o número de casos secundarios que ocorren por cada caso activo, parece que comeza a invertir a tendencia ascendente que viña presentando ata o de agora. Non obstante, continúa mostrando valores superiores ao limiar situado no 1 en todas as áreas sanitarias e no global de Galicia, o que indica que segue a haber transmisión.

En canto á porcentaxe de positividade do total das probas PCR realizadas en Galicia, obsérvanse valores superiores ao 7% nos últimos 17 días, estando no 11,4%. En Galicia temos, na actualidade, brotes identificados que están en vixilancia epidemiolóxica e baixo medidas restritivas, pero a situación actual caracterízase pola presenza de casos en practicamente case todos os concellos. Así, do total de concellos nos últimos 14 días, houbo casos de COVID-19 en todos eles agás en 34.

En relación coas hospitalizacións, nos últimos 28 días superáronse os 20 ingresos diarios; rexistrándose máis de 35 ingresos en 20 deses días e chegando a superar os 80 ingresos en tres deles. Así mesmo, cómpre ter en conta a maior porcentaxe de persoas de idade entre os hospitalizados e que, na actualidade, todas as áreas sanitarias teñen casos ingresados nas UCI.

Á vista da situación epidemiolóxica actual descrita con anterioridade, o informe considera conveniente continuar coa adopción de medidas de control no conxunto de Galicia. Así mesmo, recomenda a adopción de medidas correspondentes ao nivel máximo de restricións nos concellos de máis de 10.000 habitantes que tivesen unha incidencia acumulada a 14 días superior a 250 casos por cada cen mil habitantes, ou que evolucionasen de xeito acelerado cara a ese nivel. Así mesmo, considera necesario elevar as restricións ata o nivel máximo nos concellos de menos de 10.000 habitantes que presentan unha incidencia a 14 días superior a 250 casos por cen mil habitantes nos cales concorren circunstancias específicas na evolución da súa incidencia acumulada, no número de casos activos e nas características específicas dos seus brotes.

Así mesmo, debido á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria, o número de casos activos e as características específicas dos brotes de determinados concellos, entre os que se atopan os concellos de Arteixo, Xinzo de Limia e Viveiro, obriga a adoptar unha serie de medidas máis excepcionais dentro do nivel de máximas restricións.

Por último, o informe tamén recomenda no relativo ao deporte federado de ámbito autonómico a suspensión das competicións e no tocante aos adestramentos que deban respetar as limitacións de entrada e saída existentes nos correspondentes ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno. Respecto das competicións estatais e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos seus protocolos federativos.

Tendo en conta o indicado nos devanditos informes, e tras escoitar as recomendacións do comité clínico reunido para estes efectos, procede, en consecuencia, modificar a Orde do 3 de decembro de 2020.

Cómpre salientar tamén que, coa finalidade de acadar unha maior claridade e seguridade xurídica, se opta por recoller nesta orde a relación completa dos concellos aos cales lles son de aplicación en cada caso as medidas específicas de prevención que se corresponden cos niveis de restrición sen que, polo tanto, se identifiquen unicamente os concellos concretos cuxas medidas específicas de prevención cambian porque pasan a quedar sometidos a maiores ou menores restricións que as que se lles viñan aplicando ata este momento.

V

As medidas que se adoptan nesta orde teñen o seu fundamento normativo na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública; no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 e 38 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para adoptar as medidas de prevención específicas para facer fronte ao risco sanitario derivado da situación epidemiolóxica existente, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa urxencia que a protección da saúde pública demanda.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificación do número 6 do punto segundo da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

O número 6 do punto segundo da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, queda redactado como segue:

«6. Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo IV e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo III no ámbito territorial dos concellos que se relacionan de acordo coa clasificación recollida no presente punto. Así mesmo, no que sexa compatible cos dous anexos citados, serán de aplicación as medidas recollidas no anexo I

6.1. Serán de aplicación as medidas do anexo IV recollidas na súa letra A) aos seguintes concellos:

Da provincia da Coruña:

a) A Baña.

b) Abegondo.

c) A Coruña.

d) A Laracha.

e) Ames.

f) A Pobra do Caramiñal.

g) Arteixo.

h) Arzúa

i) Betanzos

j) Boiro.

k) Cabana de Bergantiños.

l) Cabanas.

m) Camariñas.

n) Cambre.

ñ) Carballo.

o) Cariño

p) Cedeira.

q) Cee.

r) Cerceda.

s) Cerdido.

t) Coristanco.

u) Culleredo.

v) Dodro.

w) Dumbría.

x) Fene.

y) Ferrol.

z) Laxe.

aa) Mañón.

ab) Melide.

ac) Moeche.

ad) Mugardos.

ae) Muxía.

af) Narón.

ag) Neda.

ah) Negreira.

ai) Noia.

aj) Oleiros.

ak) Ordes.

al) Oroso.

am) Ortigueira.

an) Outes.

añ) Oza-Cesuras.

ao) Padrón.

ap) Pontedeume.

aq) Porto do Son.

ar) Rianxo.

as) Ribeira.

at) Rois.

au) Sada.

av) San Sadurniño.

aw) Santiago de Compostela.

ax) Sobrado.

ay) Teo.

az) Trazo.

aaa)Touro.

aab) Val do Dubra.

aac) Valdoviño.

aad) Vilasantar.

aae) Vimianzo.

Da provincia de Lugo:

a) Burela.

b) Cervo.

c) O Vicedo.

d) Vilalba.

e) Viveiro.

f) Xove.

Da provincia de Ourense:

a) Allariz.

b) Barbadás.

c) Monterrei.

d) O Carballiño.

e) Ourense.

f) Verín.

g) Xinzo de Limia.

h) Celanova.

i) Porqueira.

j) Ribadavia.

k) Trasmiras.

l) Vilar de Santos.

Da provincia de Pontevedra:

a) A Cañiza.

b) A Estrada.

c) A Guarda.

d) A Illa de Arousa.

e) A Lama.

f) Arbo.

g) As Neves.

h) Baiona.

i) Bueu.

j) Caldas de Reis.

k) Catoira.

l) Crecente.

m) Cuntis.

n) Forcarei.

ñ) Gondomar.

o) Meis.

p) Moaña.

q) Mondariz.

r) Moraña.

s) Mos.

t) Nigrán.

u) Oia.

v) O Porriño.

w) O Rosal.

x) Poio.

y) Ponteareas.

z) Pontecesures.

aa) Pontevedra.

ab) Redondela.

ac) Salceda de Caselas.

ad) Salvaterra do Miño.

ae) Silleda.

af) Tomiño.

ag) Tui.

ah) Valga.

ai) Vigo.

aj) Vilagarcía de Arousa.

ak) Vilanova de Arousa.

6.2. Seran de aplicación as medidas do anexo IV recollidas na súa letra B) aos seguintes concellos:

a) Arteixo.

b) Viveiro.

c) Xinzo de Limia.

Segundo. Modifícase o número 4 do punto 1 do anexo III da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Modifícase o número catro do punto 1 (establecementos de hostalaría e restauración) do anexo III da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

4. O horario de peche ao público será ás 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios».

Terceiro. Modifícase o punto 6 do anexo III da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Modifícase o punto 6 do anexo III da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«6. Actividades e instalacións deportivas.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

En ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares. A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos espazos inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.

Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva prevista neste punto, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes».

Cuarto. Modifícase o anexo IV da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia que se adxunta coma anexo á presente orde.

Quinto. Eficacia

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 21 de xaneiro de 2021.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO IV. NIVEL DE MÁXIMAS RESTRICIÓNS

Medidas de prevención específicas nos concellos a que se refire o número 6 do punto segundo desta orde, correspondente a un nivel de restricións máximas

Nos concellos previstos no número 6 do punto segundo desta orde serán de aplicación as medidas máis restritivas deste anexo, e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo III, de acordo coa clasificación recollida a continuación. Así mesmo, no que sexa compatible cos dous anexos indicados, serán de aplicación as medidas recollidas no anexo I.

A) Nos concellos previstos no número 6.1 do punto segundo desta orde adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades (conforme as definicións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia):

I. Espectáculos públicos:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

II.1. Actividades culturais e sociais.

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

II.7. Actividades de restauración.

II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos.

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.1.7. Recintos feirais.

III.2. Establecementos de actividades recreativas.

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas.

III.2.2.4. Pistas de patinaxe.

III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multilecer.

III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais.

III.2.4.5. Salas de concertos.

III.2.5. Establecementos de restauración.

III.2.5.1. Restaurantes.

III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.

III.2.5.2. Cafetarías.

III.2.5.3. Bares.

O interior dos establecementos de restauración permanecerá pechado ao público e só poderán abrir as terrazas ata un máximo do 50 % ata as 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios, tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas».

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

III.2.8. Centros de lecer infantil.

2. Quedan, por tanto, exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos:

I. Espectáculos públicos:

I.1. Espectáculos cinematográficos.

I.2. Espectáculos teatrais e musicais.

I.5. Espectáculos deportivos.

II. Actividades recreativas:

II.2. Actividades deportivas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1.1. Cine.

III.1.2. Teatro.

III.1.3. Auditorios.

III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos.

III.2.2.1. Estadios deportivos.

III.2.2.2. Pavillóns deportivos.

III.2.2.3. Recintos deportivos.

III.2.2.5. Ximnasios.

III.2.2.6. Piscinas de competición.

III.2.4.1. Museos.

III.2.4.2. Bibliotecas.

III.2.4.3. Salas de conferencias.

III.2.4.4. Salas polivalentes.

B) Nos concellos previstos no número 6.2 do punto segundo desta orde adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades (conforme as definicións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia):

I. Espectáculos públicos:

I.1. Espectáculos cinematográficos.

I.2. Espectáculos teatrais e musicais.

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.5. Espectáculos deportivos.

I.6. Espectáculos feriais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

II.1. Actividades culturais e sociais.

II.2. Actividades deportivas.

II.3. Actividades de ocio e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

II.7. Actividades de restauración.

II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos.

III.1.1. Cines.

III.1.2. Teatros.

III.1.3. Auditorios.

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos.

III.1.7. Recintos feriais.

III.2. Establecementos de actividades recreativas.

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas.

III.2.2.1 Estadios deportivos.

III.2.2.2. Pavillóns deportivos.

III.2.2.3. Recintos deportivos.

III.2.2.4. Pistas de patinaxe.

III.2.2.5. Ximnasios.

III.2.2.6. Piscinas de competición.

III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multilecer.

III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais.

III.2.4.1. Museos.

III.2.4.2. Bibliotecas.

III.2.4.3. Salas de conferencias.

III.2.4.4. Salas polivalentes.

III.2.4.5. Salas de concertos.

III.2.5. Establecementos de restauración.

III.2.5.1. Restaurantes.

III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.

III.2.5.2. Cafetarías.

III.2.5.3. Bares.

Os establecementos de hostalaría e restauración (bares, cafetarías, restaurantes) permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios, tamén a acompañantes de doentes poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas».

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeológicas.

III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

III.2.8. Centros de lecer infantil.