DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28258

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a de unidade de Radiodiagnóstico.

Tras ser convocada pola Resolución CM-04/2023, do 1 de agosto (DOG nº 168, do 5 de setembro), a provisión dun posto de supervisor/a de unidade de Radiodiagnóstico, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia da Área Sanitaria, á vista das solicitudes e méritos acreditados polas persoas aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 24, do 25 de octubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade de Radiodiagnóstico, realizada mediante a Resolución CM-04/2023, do 1 de agosto (DOG nº 168, do 5 de setembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa que figura no anexo I desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou efectuar a súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

Ferrol, 30 de abril de 2024

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO I

1. Posto de traballo: supervisor/a de unidade de Radiodiagnóstico.

Nome e apelidos: Mónica Sánchez Dopico.

DNI: ****164**.