Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4616

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 13 de xullo de 2020 para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía.

Unha vez convocada mediante a Resolución AC-04/2020, do 13 de xullo (DOG nº 157, do 6 de agosto), a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía, polo sistema de avaliación colexiada, esta xerencia de área sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuidas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, e pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía, realizada mediante Resolución AC-04/2020, do 13 de xullo, (DOG nº 157, do 6 de agosto).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 15 de xaneiro de 2021

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía.

Nome e apelidos: Manuel Ángel Veiga Tuimil.

DNI: ***3354**.