Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37023

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 10 de xullo de 2020 para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria (Pontedeume).

Convocada mediante a Resolución LD-04/2020, do 10 de xullo (DOG nº 144, do 20 de xullo), a provisión dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria (Pontedeume), polo sistema de libre designación, esta xerencia da Área Sanitaria, á vista da solicitude e méritos acreditados pola aspirante, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 do outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria (Pontedeume), realizada mediante a Resolución LD-04/2020, do 10 de xullo (DOG nº 144, do 20 de xullo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base oitava da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 9 de setembro de 2020

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: coordinador/a de servizo de atención primaria-Pontedeume.

Nome e apelidos: Dorinda Feal Fonte.

DNI: ***3524**.