Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35349

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e á finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

A base oitava da Resolución do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, dispón que logo da publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo dos cinco (5) días hábiles seguintes ao da devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas e do acordo adoptado sobre estas polos respectivos tribunais de selección e elevados ao órgano convocante, este centro directivo, de conformidade coa antedita base,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar e dar publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ás puntuacións definitivas obtidas polos/as aspirantes presentados/as en cada un dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, quendas de acceso libre, promoción interna, discapacidade xeral e discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 21 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 3 de xuño).

Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do referido proceso selectivo.

Terceiro. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos na base 7 e 11 da resolución de convocatoria do proceso.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2020

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos