h1

No momento de chegar a Urxencias, o persoal do Servizo de Admisión solicitaralle a tarxeta sanitaria.


De non dispoñer do documento, vostede ou un familiar encargaranse de facilita-los seus datos de identificación e, posteriormente, nun prazo máximo de 5 días, presentará a tarxeta sanitaria no Servizo de Admisión.


Se fora necesaria a hospitalización, o persoal de Urxencias encargarase de formaliza-los trámites do ingreso.


O Servizo de Urxencias conta cun Punto de Información a onde se poderán achegar as persoas que os acompañen para actualizar a información sobre a súa estancia no Servizo de Urxencias.