h1

IMG_20220928_113852.jpg

A Biblioteca da Área Sanitaria de Ferrol está situada no edificio de especialidades, no andar baixo do Hospital Arquitecto Marcide.  

A sala de lectura conta con oito computadores para a consulta de fondos bibliográficos en liña. Contamos tamén con dúas impresoras e un servizo de reprografía con escáner, así como unha zona de mesas para traballo.

Os fondos abarcan desde publicacións periódicas internacionais e nacionais, a bases de datos das principais disciplinas médicas, libros tanto impresos como dixitais, ou ferramentas de axuda á toma de decisións clínicas. As súas materias varían desde o ámbito médico en calquera das súas especialidades, á enfermaría, a farmacoloxía, a psiquiatría e psicoloxía ou a administración e xestión sanitarias. 

Os traballadores da Área Sanitaria de Ferrol teñen acceso a unha serie de servizos como:

-O servizo de obtención de documentos (SOD).
-O préstamo de libros.
-Asistencia nas procuras bibliográficas nas principais bases de datos.

Impártense tamén distintos cursos de procura bibliográfica sobre unha ampla gama de bases de datos e recursos bibiográficos, de xestores bibiográficos, programas para realizar infografías e presentacións, CVN, ORCID, e outras ferramentas para dar visibilidade e difundir a investigación da Área e dos seus autores.
 
A biblioteca realiza unha revisión e recompilación da produción científica da Área Sanitaria de Ferrol coa ferramenta informática SOPHOS e no portal da investigación.

Proporciónase apoio tamén para o arquivo da produción científica e docente no repositorio institucional RUNA.   

De cara ós pacientes, temos a disposición en préstamo para toda a cidadanía 132 títulos de libros pertencentes á colección Biblioterapia.  

Horario:
De luns a venres
De 8:00 a 15:00

Localización:
Planta baixa do Centro de Especialidades, detrás de Admisión situado na entrada principal. Coller a porta da esquerda e, a continuación, á dereita no  corredor de ' Unidade de Soporte ao Coñecemento, USCO'.

Persoal do equipo dá Biblioteca:
Uxía Gutiérrez Couto, Salomé Romero Pérez, Ana Suárez Castro