h1

 

bienvenida aulas simulacion.png
 
As Aulas de Simulación, situadas no cuarto andar do Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, son xestionadas pola Área Sanitaria de Ferrol, a Unidade de Formación Continuada e a Unidade de Docencia e Investigación. 

 

Dende  a súa creación, o crecemento foi continuo, contando actualmente con alta tecnoloxía que facilita a formación tanto dos traballadores da Área Sanitaria como do persoal en formación e alumnos que nos visitan.

Trátase dun espazo aberto á participación de todos. Reiteramos o noso slogan:

Aulas de Simulación de Ferrol: De todos e para todos.

O noso obxectivo: O paciente.
A nosa fin: Mellorar.
A nosa aposta: A simulación.
 
A necesidade de practicar sen riscos para os pacientes, a incorporación de novos protocolos de actuación e novas técnicas de diagnóstico e tratamento, así como a necesidade dun abordaxe MULTIDISCIPLINAR do coidado dos pacientes, obriga a un cambio de paradigma, de cara a unha nova visión do adestramento de equipos sanitarios. A simulación clínica xorde así como una ferramenta docente de primeiro orde.
 
Como consecuencia do adestramento previamente realizado, á marxe do erro humano verase reducido, influíndo de forma directa na seguridade do paciente, xa que a simulación clínica está intimamente relacionada co principio ético de “non maleficencia”.
 
Mediante a simulación, pódense practicar procedementos que se realizan en cirurxía, obstetricia, emerxencias, coidados intensivos, etc. Ademais, tamén se pode utilizar para a adquisición de outras competencias non técnicas como, por exemplo, as relacionadas coa comunicación, tanto dos profesionais sanitarios entre eles mesmos, como destes cos pacientes, así como a comunicación entre os membros dos equipos de traballo e dos diferentes equipos que colaboran entre si.
 
Está demostrado que as curvas de aprendizaxe baseadas na simulación son mellores que as curvas baseadas no adestramento clásico, o que converte o adestramento baseado na simulación na ferramenta ideal para afrontar os retos educativos.