No
momento de chegar a Urxencias, o persoal do Servizo de Admisión
solicitaralle a tarxeta sanitaria.
De
non dispoñer do documento, vostede ou un familiar encargaranse
de facilita-los seus datos de identificación e, posteriormente,
nun prazo máximo de 5 días, presentará a tarxeta
sanitaria no Servizo de Admisión.
Se
fora necesaria a hospitalización, o persoal de Urxencias encargarase
de formaliza-los trámites do ingreso.
O
Servizo de Urxencias conta cun Punto de Información a
onde se poderán achegar as persoas que os acompañen para
actualizar a información sobre a súa estancia no Servizo de
Urxencias.