h1

O Día Mundial da Hixiene de Mans celébrase o 5 de maio. Na Área Sanitaria de Ferrol, os e as profesionais realizan sempre diversas actividades neste día. O coronavirus fixo deste acto básico de hixiene un protagonista esencial.
 
Este ano, tanto os nenos e nenas hospitalizadas como os fillos e fillas dos profesionais da Área fixeron debuxos para conmemorar este día, que podedes ver nesta galería.
 
Por outra banda, no vídeo do carrusel na dereita, traballadoras e traballadores de diversos servizos sanitarios e non sanitarios recordan os momentos para o lavado de mans e resaltan a importancia deste día.
 
Moitas grazas pola colaboración. 

Lavar as mans salva vidas sempre e, nestes últimos meses, moito máis.

Feliz Día da Hixiene de Mans!
 

Podes premer nas imaxes para ver ampliada esta exposición virtual.