Estas solicitudes pode realizalas:
- Nas Unidades de Cita Previa do Hospital Arquitecto Marcide (Entrada Principal, mostrador Cita Previa) e do Hospital Naval (no andar baixo), coma nos espazos administrativos do seu centro de saúde.
Para realizar esta solicitude, deberá acreditar a súa identificación. Lembre que non poderá solicitar información sobre outros pacientes, aínda que sexan familiares, salvo que dispoña dunha autorización legal específica para iso.