h1

Queremos darlle a benvida a este espazo, que ten como obxectivo facilitar un pequeno perfil do que é a Área Sanitaria de Ferrol, para que, entre outras cuestións, saiba quen a formamos, con que recursos conta para a súa saúde, e, tamén, achegarlle as posibilidades que ofrece.
 
Desexamos que sexa unha ferramenta útil para vostede, coa que coñeza todo aquilo que está a disposición da súa saúde. Procuramos que, de xeito integrado e resumido, teña as claves dun sistema sanitario deseñado para a cidadanía, e do que todos somos responsables.
 
Garantimos o noso compromiso de seguir a traballar en tódolos eidos, e, en particular, nos ámbitos da calidade e da súa seguridade, aspectos que definiron sempre a esta área de saúde.
 
Moitas grazas por consultar este espazo, e pola súa confianza neste sistema sanitario que conformamos todos. E grazas tamén ás e ós profesionais que traballan en prol da saúde na área ferrolá.