h1

 

nodo innovación asf.png 
O Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Ferrol é un grupo con compromiso, un espazo de reunión con cabida para tódolos profesionais da nosa Área que queren aprender, emprender e desenvolver innovación social, tecnolóxica e para a saúde.

foto innovación.png 
 
A finalidade do Nodo de Innovación é propor cambios que permitan mellorar os procesos, e promover as boas prácticas baseadas na excelencia; así como xerar proxectos de innovación que dean resposta ás necesidades que detectemos na nosa Área Sanitaria.
 
Dende o Nodo de innovación, fomentamos actividades de docencia e a formación en conceptos e metodoloxía que axuden a xerar innovación. Apoiamos aquelas ideas que se presenten á Plataforma de Innovación de ACIS, e traballamos de forma local na nosa Área. Tamén participamos e colaboramos en proxectos de innovación de distintos ámbitos e equipos multidisciplinares que a organización estea a executar.

 

Contacto: nodo.innovacion.ferrol@sergas.es