HiddenAnchor
h1
Formación sanitaria especializada en Ferrol
A nosa Área conta cunha importante traxectoria docente. Temos uns traballadores implicados coa formación e un equipo directivo con ganas de conseguir que a formación sexa clave. Podemos dicir que é un Area con moito afán neste eido e intentamos axudar na vosa formación, e facilitar tanto o acceso a cursos e congresos como as rotacións noutros hospitais nacionais e no extranxeiro.
O obxectivo é dotar aos profesionais sanitarios dos coñecementos, técnicas e habilidades propios da especialidade que elixades, garantindo unha elevada calidade asistencial e unha atención ao usuario integral e eficiente.
Os programas formativos da especialidade, adaptados a guía itinerario formativa (GIFT), podedes consultalos neste espazo web. Neles, establécense os obxectivos e as competencias a adquirir polo especialista en formación a través das rotacións e cursos contemplados no programa e adaptados a vós para obter a mellor formación posible.
A nosa formación é multidisciplinar, transversal e práctica; e a simulación témola como ferramenta docente en todos os nosos cursos.
Temos que destacar o importante labor que fan os nosos titores. Grazas a eles e elas damos unha atención moi personalizada e humana. Existe una relación de achegamento coas unidades docentes, e temos en conta as opinión dos residentes con apoio ao longo da residencia tanto no personal como no profesional.
Se queres ser especialista en atención ás persoas, á familia e á comunidade, somos o teu equipo. Nas nosas unidades docentes ímosche proporcionar unha formación íntegra e, ademais, en Familia.
Eres benvido!!!!!
Ordenar
Sen agrupar
Rotacións
Normativa de formación sanitaria
Guías Itinerario Formativo
Guía do Ministerio
Formación sanitaria especializada no Sergas
Fichas de avaliación
Ficha entrevista titor-residente
Compromisos de confidencialidade
Comisión de Docencia
Páxina 1 de 1
1
Elementos por páxina
Clasificación
Categorías:
Temas,
Docencia e Formación Continuada,
Docencia,
Posgrao
Colectivos,
Profesionais,
Persoal licenciado sanitario,
Persoal sanitario diplomado ou técnico,
Investigadores/as
Son un profesional da saúde