HiddenAnchor
h1
É-Saúde
É-Saúde é unha plataforma dixital dirixida a pacientes e cidadáns que permite acceder a unha serie de servizos interactivos e contidos personalizados de saúde dende calquera dispositivo conectado a internet. Posibilita, entre outras moitas cuestións, consultar e xestionar as súas citas; revisar a súa folla de tratamentos, períodos, e renovacións; os informes de alta; informes de probas diagnósticas; ou o informe do calendario de vacinacións infantís.
Tamén permite acceder á axenda de citas en atención primaria ou especializada actualizada, posibilitando completala con citas e eventos persoais de maneira que o paciente, dende o propio móbil, poida consultar cando ten que recoller unha receita na farmacia, ir a unha consulta médica, realizar unha proba diagnóstica ou facer as actividades de promoción da saúde que tivera programado. Todo iso coa garantía que ofrece o feito de que toda a información estea albergada no servidor do Servizo Galego de Saúde, coa conseguinte seguridade xurídica e tecnolóxica que iso supón.
Pódense facer usuarias de É-Saúde as persoas que dispoñan de tarxeta sanitaria do Sergas, e deben acceder á páxina web da plataforma, e crear unha conta cubrindo un formulario. Para garantir a seguridade de datos persoais e clínicos, algunhas das funcionalidades só están dispoñibles se se accede cun nivel de seguridade alto, validando a identidade a través do DNI electrónico, certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, ou o sistema CHAVE 365. Nos seguintes enlaces podedes acceder ás preguntas máis frecuentes sobre esta ferramenta e á propia plataforma.
Ordenar
Sen agrupar
Trámites administrativos do recentemente nado e axudas á maternidade
Fichas de Saúde da A á Z
É-Saúde
Canle de Youtube É-Saúde
É-Saúde. Información Xeral
Páxina 1 de 1
1
Elementos por páxina
Clasificación
Categorías:
Temas,
Información para a miña saúde,
Ligazóns saudables de interese
Colectivos,
Cidadanía e Pacientes
Interésame,
Solicitar documentación clínica e información de medicación